Equipo

Syspro conta cun equipo integrado por enxeñeiros con máis de diez anos de experiencia no sector industrial en plantas a nivel internacional e coñecementos avanzados GAMP.

Experiencia

Syspro ocúpase de todalas fases dun proxecto, aportando a súa experiencia en distintos sectores industriais:

  • Farmacéutico / Químico

    Syspro encárgase da automatización, posta en marcha e validación de distintos sistemas en plantas de investigación e producción do sector químico e farmacéutico, abarcando a amplia variedade de procesos desenvolvidos nestas plantas.
  • Automoción

    Syspro ten un contacto constante co sector da automoción, no que realiza proxectos de automatización de liñas, robotización,... integrando sistemas de visión artificial en liñas de montaxe, control de procesos, mellora de producción e control de calidade.
  • Metalurxia

    Syspro trata a integración de ferramentas, atuadores e instrumentación de equipos de automatizado en plantas metalúrxicas.
  • Saneamento de augas

    Syspro desenvolve traballos de monitorización, automatización e control remoto en plantas de tratamentos de auga, (EDAR, ETAP, Estacións de bombeo...).
  • Alimentación

    Syspro realiza proxectos de adquisición de datos, monitorización e análise de procesos para instalacións de refrixeración industrial e alimentos precociñados. Syspro tamén realiza numerosos proxectos de control de calidade usando visión artificial e robótica neste sector.
  • Madeira

    Syspro realiza traballos que engloban as diferentes fases da producción de placas de madera, como son o descortezado, transporte, secado e chapado.