Os Nosos Servizos

Os servizos que ofrece Syspro están orientados á integración de tecnoloxías de vanguarda no campo da automatización, software industrial, robótica e visión artificial.

Entre as metas que se marca a empresa destaca xerar proxectos nos que se maximicen os estándares de produtividade e a optimización dos procesos.

A coordinación, o traballo en equipo, librerías de software validadas e a colaboración co equipo de enxeñería de planta, son factores de garantía para unha correcta integración do control automático do proceso nos sistemas e formas de traballo da planta.

Así as actuacións de Syspro nun proxecto engloban tódalas súas fases:

  • Estudio inicial dos requisitos do sistema.
  • Análise, elaboración e integración de especificacións funcionais da instalación.

  • Deseño, montaxe e instalación de cadros eléctricos.

  • Programación de equipos de control e instrumentación.
  • Programación de Sistemas de Control (PLC, DCS), Comunicacións e Instrumentación Industrial, Batch Control.

  • Programación de HMI, SCADA e sistemas de xeración de informes.

  • Sistemas MES/ERP.
  • Sistemas de almacenamento de información en tempo real e xeración de informes, trazabilidade, Cálculos OEE, Sistemas MES, Integración MES/ERP.

  • Commissioning, validación e asistencia técnica postventa.
  • Validación de Procesos, Instalacións, Sistemas de Control, Training de persoal de planta e departamento de automatización.

O software que desenvolve Syspro está programado según o estándar ISA-S88, validado baixo normativas GAMP e dacordo con CFR 21 part 11.

Contamos con librerías e software validado que aportan aforros moi importantes en tempo de desenvolvemento e posta en marcha de sistemas, garantía de integración, etc.

Para levar a cabo todas estas tarefas Syspro dispón de persoal con ampla experiencia no manexo de diversas plataformas tecnolóxicas:

PLC/DCS
SCADA
Software
Industrial
Visión
Artificial
Robótica
BBDD e
Virtualización
MES/ERP